lunes, 29 de marzo de 2010

Presentación del Comité pro pres@s polític@s en A CORUÑA

Nota sobre a Presentación do Comité SOLIDARIEDADE no CSO Casa das Atochas

Ao redor de cincuenta persoas se achegaron onte a noite ao Centro Social Ocupado da Casa das Átochas para participar da presentación do noso Comité de Solidariedade. De entre os asistentes salientar a presenza dunha representación dos Comités por un Socorro Roxo Internacional (SRI) que se desprazaron dende Vigo especialmente para a ocasión.

Unha vez presentado o Comité por unha compañeira do mesmo, tanto o ex-preso independentista Santi Vigo como o ex-preso do PCE(r) Marcos Regueira interviñeron para dar a conocer a situación dos presos e presas políticas galegas. O compañeiro Boti fixo, pola súa banda, un repaso das principais loitas levadas a cabo polos presos socias ao longo destes últimos trinta anos.

Con posterioridade á palestra abriuse un amplo debate en torno a cuestións como: os malos tratos en prisión, a explotación laboral á que son sometidos os presos e presas, o endurecemento continuado das penas, as diferencias (e os puntos de encontro) entre presos sociais e políticos, a superpoboación carceraria, as drogas, os novos “Módulos de respecto” e un longo etcétera.

Rematada a palestra moitos dos asistentes se quedaron a cear connosco. Na comida se recadaron en torno a 140 euros, unha cifra nada desdeñábel tendo en conta que o prezo simbólico que se fixou era de 3 euros por persoa. Unha cantidade que irá integramente destinada ao traballo pro-presos e presas.

Dende o Comité queremos dar publicamente as grazas tanto a Santi Vigo como a Boti o ter aceptado a noso convite. Grazas tamén ao Organismo Antirrepresivo CEIVAR pola súa colaboración. Outro tanto dicir dos compañeiros e compañeiras do CSO Casa das Atochas que se portaron marabillosamente adicando desinteresadamente tempo e esforzo para que todo saíra ben. A todos eles e elas e a todos e todas as que asistiron a acto: GRAZAS.

No hay comentarios: