Un 1º de Maio máis: Resistir é Vencer
____________________________________
____________________________________
Nunca coma hoxe, cando os presos e as presas políticas están a soportar a maior das represións inimaxinábeis, a consigna de “Resistir é vencer” cobrou tanta significación política.
O Estado, na súa impotencia por liquidar o exemplo de combatividade que a acotío dan os presos o presas, está a pór toda a carne no asador.
As últimas medidas represivas son boa proba diso.
Como vimos denunciando dende o COMITÉ DE SOLIDARIEDADE a Administración Penitenciaria está a esixirlle aos familiares e cónxuxes que se deixen apalpar polo carcereiro de servizo antes de entrar á comunicación íntima ou familiar.
Mover aos presos e presas todo ao longo da xeografía española xa non é abondo, agora, ademais, o Estado se propón conseguir que as súas familias e os seus compañeiros/as sentimentais renuncien definitivamente a velos.
Condenar aos presos e presas á perpetuidade, afastalos de Galiza ao máximo, illalos entre si póndoos en Módulos diferentes, sometelos a toda clase de tensións nos traslados, sancionalos, mallar neles se fai falla, negarlles as comunicacións, etc. Velaí o “Manual” no que tan ben se aplican os carcereiros, os picoletos, a policía nacional.

Todo, ben entendido, coa imprescindíbel colaboración intoxicante dos medios de comunicación oficiais.
Porén, a Resistencia dos presos e das presas políticas segue.
Hai pouco dábamos conta de que o noso veciño Suso Cela Seoane levaba máis de seis meses sen visitas vis a vis na prisión de Badajoz. Suso é un preso político ao que fraudulentamente lle prorrogaron en 13 anos a pena virtude da chamada Doutrina Parot. Un home que leva máis da metade da súa vida na cadea pero que, como tantos outros mulleres e homes deste país e desta clase, non se rende.

E non só non se renden senón que continúan a loitar por manter a súa dignidade e os seus dereitos.
Tampouco as familias, os solidarios e solidarias, imos rendernos.
Máis todo iso non é abondo. É deber de toda a clase obreira, da mocidade, das mulleres, de todos e todas os patriotas e antifascistas, prestarlles axuda e solidariedade aos revolucionarios e revolucionarias presas.

A iso é ao que apelamos dende o COMITÉ. A iso, a moverse polos presos e presas políticas, é ao que vos chamamos neste Primeiro de Maio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario