Postal del SRI Vigo a presxs y solidarixs. (Dibujo Amnistía presos políticos Israel Torralba). Anverso. |
El
SRI ha llevado a cabo las siguientes actividades:
*
Despois das liberdades, a finais do 2013 pola derrogación da lei
“Parot”, centrámonos na campaña dos presos-as enfermos graves,
facendo nos primeiros meses do presente ano diversa axitación. En
plena campaña de denuncia chéganos a nova da morte de ISABEL
Aparicio, precisamente por falla de atención médica.
*
No mes de abril e maio relanzamos con máis forza a campaña pola
liberdade dos presos-as enfermos máis graves. A denuncia do
asasinato de Isabel tivo unha repercusión a nivel de todo o Estado e
internacional sen precedentes na historia do movemento pola amnistía
en canto á amplitude do espallamento da noticia. Así mesmo, a
campaña pola liberdade de ARENAS e a esixencia de que o operen das
cataratas, acada niveis moi amplos entre miles de persoas e
colectivos moi diversos.
Para
estas campañas fanse pegatinas, cartazes, pintadas, oitavelas,
comunicados, utilízanse redes de internet, páxinas web, blogs,
organízanse manifestacións, concentracións, accións de diverso
tipo, o RAP coas cancións que compoñen “os poetas revolucionarios
do seculo XXI”...etc.
*
O primeiro de maio, repartimos 2000 follas (nas que se fala dos
enfermos, da represión, a explotación e polos dereitos
democráticos), centos de pegatas, e coa pancarta das fotos con
todos-as os presos políticos no extratéxico cruce de Colón, fomos
o altavoz dos que están amordazados tras as reixas. O material era
solicitado por numerosos mozos e traballadores.
*
Xa no mes de Xuño, salta a nova do procesamento de Pepita para que
non fale e reprimir a solidariedade desta nai de presos políticos e
loitadora dende hai moitos anos; é un símbolo de dignidade que a
“democracia” quere criminalizar. O que ela significa amosouse na
práctica con todo un movemento de solidariedade na súa Coruña, con
manifestacións e concentracións de apoio, igual que noutras partes
de Galiza e no resto do Estado.
*
O 25 de xullo. día da patria, coma todos os anos estivemos alí para
darlle voz aos presos políticos. Pola mañá, puxemos a mesa dos
presos-as, e a pancarta coas fotos de todos eles, sendo un referente
da atención por parte de centos de persoas. Repartimos 1500 follas,
onde manifestabamos a situación dos presos enfermos asi como a loita
polos dereitos nacionais. Tamén se repartiron centos de pegatas,
saíndo en manifestación coa pancarta e coas consignas de AMNISTÍA
TOTAL, AUTODETERMINACIÓN, CONTRA A REPRESIÓN E POLOS DEREITOS
DEMOCRÁTICOS.
Postal del SRI Vigo a presxs y solidarixs. Reverso. Poesía de Celso Emilio Ferreiro. "Hermanos". |
*
Xa en agosto, estivemos en san roque. Este ano, demos un viraxe que
foi audaz dende o punto de vista de traballo e eficacia. Falamos do
polbo: decidimos darllo a un pulpeiro profesional que se puxo no
camiño por onde pasa moita xente e foi unha atración que nos deu
movemento no posto. Por outra banda, a harmonía e compañeirismo
fixo que levaramos moi ben o traballo. San roque, non nos cansaremos
de decilo, significa moito para a solidariedade cos presos-as: non só
dende o punto de vista económico, que é o fundamental, senón tamén
dende o punto de vista da solidaridade do Vigo traballador a través
do BAR “OS QUE FALTAN”.
*
En setembro, un ano máis, estivemos no cabodano dos fusilamentos do
27 de setembro; onde o SRI de Vigo, coa súa presencia dálle un
carácter de resistencia e de non comungar coas rodas de muiño da
democracia. Xa somos un referente en lembrar o que significa o 27
vencellándoo ao “Primero de Octubre”, e aos presos antifascistas
e comunistas, así como a figura de ABELARDO COLLAZO
*
Xa no outono, seguimos coa campaña dos presos enfermos e coa demanda
concreta de que operen das cataratas a ARENAS pois está en perigo de
quedar cego. Mandamos tarxetas á prisión, xunto a todas as demais
actividades, chegándonos a nova de que fora levado ao hospital e
visto polos médicos. Ata a data de hoxe, non recibimos novas de que
o operasen, estamos á espera.
Sae
en liberdade ASKATU, Enrique Cuadra. O preso político con 19 anos de
cadea e o último a quen lle aplican a lei “parot” entre os
presos-as antifascistas e comunistas. É recibido na súa vila por
decenas de xóvenes.
Na
liberdade de Askatu, hai un aspecto que queremos suliñar porque é
chamativo: o silencio do Estado. Cómo se explica que non apareza nin
a máis minima nova en ningún medio, cando o tiñan a “tiro” por
ser quen é, e con toda a carnaza que fixeron en todos estes anos co
tan traído e levado “caso Cordón”, e chega a súa liberdade e
non dicen nin ren? Por que tando desleixo, se o Estado leva unha
represión e intoxicación abafantes contra eles? Nós si temos unha
resposta: non poden aturar que ASKATU, preso político, saia coa
dignidade e a forza moral dun comunista; isto, xunto coas campañas
de denuncia do asasinato de Isabel, dos enfermos graves e a situación
de crise sen precedentes dos valores da súa democracia, fai que o
Estado silencie a nova por medo a favorecer a resistencia.
*
A finais do mes de novembro, asistimos á mani en Compostela polos
dereitos que foron arrebatados aos traballadores como é o traballo,
teito e dignidade. Repartimos 1000 follas nas que salientabamos que
os presos-as recollen no seu programa democrático de hai perto de 40
anos estas e outras reivindicacións. Tamén denunciabamos a
represión e a explotación do capitalismo, chamando á loita pola
AMNISTIA E A REPUBLICA POPULAR.
*
Agora en decembro, coma nos meses anteriores, fixemos varias pegadas
de cartazes coas fotos dos enfermos e as súas doenzas, polos barrios
obreiros de Vigo; tamén de pegatinas. Así mesmo, a denuncia dos
presos maiores de 60 anos, que son condenados a cadea perpetua
encuberta, isto é, que coa idade que teñen xunto as decenas de anos
condenados a prisión, rematarían morrendo no cárcere. Tamén
estivemos na mani pola sanidade pública, onde na mesma liña que na
de Compostela, denunciabamos con datos a privatización da sanidade
ao igual que os demáis dereitos arrebatados aos traballadores. Xa a
finais, faremos a cea de todos os anos, solidaria cos presos
políticos
Queridos
solidarios-as, estas son as actividades que levamos a cabo neste ano,
non son todas, pero sí o fundamental da labor do SRI en vigo. Cos
nosos acertos e os nosos erros, si, pero subidos ao “andamio” da
loita solidaria! E animamos a todos aqueles e aquelas que vexan a
necesidade desta loita a que se sumen a esta tarefa.
Cos
nosos mellores saudos de solidariedade para todos e todas no ano
2015.
Carteles sobre Arenas. "Non permitamos que Aremas figue cego no cárcere!". |
Loitamos
pola:
*Amnistía
Total para todos os presos-as políticos.
*Pola
República Popular.
*Dereito
de autodeterminación e independencia para as nacións asoballadas.
*Derrogación
de todas as leis fascistas y antiobreiras.
*Verdadeira
Memoria Histórica revolucionaria.
*Boicot
activo e político aos que autoconsiderándose"demócratas”
reprimen a democracia popular eo seus logros na loita.
No hay comentarios:
Publicar un comentario