lunes, 3 de octubre de 2016

Finlandia: nazis asesinan al joven Jimi Joonas.

Cartel. (foto Jimi Joonas y texto explicativo)
Finlandia: los nazis asesinan a Jimi Joonas Karttunen
Agredido por neonazis durante una concentración fascista en Helsinki el pasado 10 de septiembre.

Jimi, de 28 años, les recriminó su xenofobia, por lo que fue brutalmente golpeado causándole trauma cerebral, del que falleció el 16 de septiembre en el hospital de Meilahti.
Ni olvido ni perdón.

De: Asamblea Antifascista Alcalá de Henares.


Cartel. "Nom queremos ser educadxs por homófobos. Absolviçom Antia, Mario e Atanes".
Caso represivo: Antia, Atanes y Mario
Comunicado ante el juicio por el escrache a Domingo Neira

O día 3 de outubro Antia, Atanes e Mario estamos chamadas a xuízo pola nosa imputación nun delito de desordes publicos polo escrache realizado ao profesor de Ciencias de Educación Domingo Neira o 15 de maio do ano pasado . Na facultade de Campus Sur, arredor de 70 persoas persoas convocadas polo Peche Historia nos concentramos para esixir a súa inmediata expulsión da USC, motivadas polos seus persistentes comentarios discriminatorios coa diversidade sexual e as mulleres.
O profesor Neira destaca dende hai anos nas súas aulas polo seu posicionamento homófobo e sexista, con bromas constantes e insultantes, mais tamén asegurando que cando di, por exemplo, que "a homosexualidade é contaxiosa" ou que é "un vicio" se basea en estudos científicos. Isto levou a que no pasado ano académico 2013-14 as e os seus alumnos denunciasen publicamente o seu comportamento, coa reacción do profesor reiterando os seus comentarios argumentando a súa suposta función de "crear consciencia crítica no estudantado". O Decanato, a pesar do seu silencio inicial, consentiu en levar o caso a un tribunal de investigación (entendemos que pola ampla repercusión mediática), e o procedemento rematou nunha sanción que críamos definitiva. Mais sorprendentemente foi ao ano seguinte cando nos atopamos con que Domingo Neira retomaba a súa actividade laboral na USC, xa que apenas estivo suspenso algo máis dun cuadrimestre.
Por todos estes motivos denunciamos a situación, levándoa ata a mesa de negociacións co recén electo reitor Juan Viaño. Neira continuou no posto, facendo a USC oídos xordos ao estudantado. Atopámonos entón na necesidade de facer ver nas propias facultades que non imos aturar máis a discriminación nas nosas aulas, e foi por iso que o 13 de maio loitamos contra a censura e acudimos á chamada do Peche Historia para demostrar que na Universidade pública non hai espazo para as condutas que queren facer do seu odio irracional materia de exame.
No escrache, as únicas violentadas e coaccionadas fomos nós, que en ningún momento agredimos ao mencionado profesor. Non renunciamos á nosa lexitimidade na hora de denunciar discursos claramente homófobos nas aulas da USC nin a nosa actuación aquel día, que non foi máis que a consecuencia da pasividade das institucións universitarias en torno aos prexuízos do seu profesorado.
Cabe destacar que son as dúas persoas que formulan a denuncia: a Secretaria Xeral da USC, Consuelo Ferreiro Regueiro, e a Vice-decana da Facultade de Ciencias da Educación, María Jose Mendez Lois. Isto da unha idea do grao de complicidade que ten a directiva da USC con este docente e a súa conduta homófoba, mais tamén do escaso compromiso no que se atopa esta institución co respecto polas liberdades sexuais e a loita feminista.
En poucos días afrontaremos o xuízo baixo a petición fiscal de 5 meses de prisión para cada unha de nós por “desordes públicos”. Ante isto, iniciaremos unha campaña de socialización do noso caso e denuncia da represión que sofremos polo simple feito de berrar que non queremos homofobia nas nosas aulas.
Seguimos firmes na loita por unha sociedade libre de Patriarcado e chea de tolerancia. Chamamos deste xeito a todos os axentes políticos, sociais, sindicais... á difusión deste comunicado así como á denuncia xeral deste novo caso represivo.

Non queremos ser educados por homófobos!
Absolución Antia, Mario e Atanes!


Pantallazo. (joven con bandera "acción Antifascista")
Música combativa:

Kaktan&Nootka - La ley del Talión

https://www.youtube.com/watch?v=X5p1pDbkKUU

Dibujo. (España es un contenedor de basura en el que un joven busca sustento)
Cartas de lectores:

He visto esta viñeta en la red y la mando. Me ha puesto los pelos como escarpias, porque resume muy bien la situación actual de millones de personas en España: “Busco en la basura solución”, como cantaban los fallecidos Eskorbuto. I.

No hay comentarios:

Publicar un comentario