Cartel. (foto Jimi Joonas y texto explicativo) |
Agredido por neonazis durante una concentración fascista en Helsinki el pasado 10 de septiembre.
Jimi, de 28 años, les recriminó su xenofobia, por lo que fue brutalmente golpeado causándole trauma cerebral, del que falleció el 16 de septiembre en el hospital de Meilahti.
Ni olvido ni perdón.
De: Asamblea Antifascista Alcalá de Henares.
Cartel. "Nom queremos ser educadxs por homófobos. Absolviçom Antia, Mario e Atanes". |
Comunicado ante el juicio por el escrache a Domingo Neira
O
día 3 de outubro Antia, Atanes e Mario estamos chamadas a xuízo
pola nosa imputación nun delito de desordes publicos polo escrache
realizado ao profesor de Ciencias de Educación Domingo Neira o 15 de
maio do ano pasado . Na facultade de Campus Sur, arredor de 70
persoas persoas convocadas polo Peche Historia nos concentramos para
esixir a súa inmediata expulsión da USC, motivadas polos seus
persistentes comentarios discriminatorios coa diversidade sexual e as
mulleres.
O
profesor Neira destaca dende hai anos nas súas aulas polo seu
posicionamento homófobo e sexista, con bromas constantes e
insultantes, mais tamén asegurando que cando di, por exemplo, que "a
homosexualidade é contaxiosa" ou que é "un vicio" se
basea en estudos científicos. Isto levou a que no pasado ano
académico 2013-14 as e os seus alumnos denunciasen publicamente o
seu comportamento, coa reacción do profesor reiterando os seus
comentarios argumentando a súa suposta función de "crear
consciencia crítica no estudantado". O Decanato, a pesar do seu
silencio inicial, consentiu en levar o caso a un tribunal de
investigación (entendemos que pola ampla repercusión mediática), e
o procedemento rematou nunha sanción que críamos definitiva. Mais
sorprendentemente foi ao ano seguinte cando nos atopamos con que
Domingo Neira retomaba a súa actividade laboral na USC, xa que
apenas estivo suspenso algo máis dun cuadrimestre.Por todos estes motivos denunciamos a situación, levándoa ata a mesa de negociacións co recén electo reitor Juan Viaño. Neira continuou no posto, facendo a USC oídos xordos ao estudantado. Atopámonos entón na necesidade de facer ver nas propias facultades que non imos aturar máis a discriminación nas nosas aulas, e foi por iso que o 13 de maio loitamos contra a censura e acudimos á chamada do Peche Historia para demostrar que na Universidade pública non hai espazo para as condutas que queren facer do seu odio irracional materia de exame.
No escrache, as únicas violentadas e coaccionadas fomos nós, que en ningún momento agredimos ao mencionado profesor. Non renunciamos á nosa lexitimidade na hora de denunciar discursos claramente homófobos nas aulas da USC nin a nosa actuación aquel día, que non foi máis que a consecuencia da pasividade das institucións universitarias en torno aos prexuízos do seu profesorado.
Cabe destacar que son as dúas persoas que formulan a denuncia: a Secretaria Xeral da USC, Consuelo Ferreiro Regueiro, e a Vice-decana da Facultade de Ciencias da Educación, María Jose Mendez Lois. Isto da unha idea do grao de complicidade que ten a directiva da USC con este docente e a súa conduta homófoba, mais tamén do escaso compromiso no que se atopa esta institución co respecto polas liberdades sexuais e a loita feminista.
En poucos días afrontaremos o xuízo baixo a petición fiscal de 5 meses de prisión para cada unha de nós por “desordes públicos”. Ante isto, iniciaremos unha campaña de socialización do noso caso e denuncia da represión que sofremos polo simple feito de berrar que non queremos homofobia nas nosas aulas.
Seguimos firmes na loita por unha sociedade libre de Patriarcado e chea de tolerancia. Chamamos deste xeito a todos os axentes políticos, sociais, sindicais... á difusión deste comunicado así como á denuncia xeral deste novo caso represivo.
Non queremos ser educados por homófobos!
Absolución Antia, Mario e Atanes!
Pantallazo. (joven con bandera "acción Antifascista") |
Música
combativa:
Kaktan&Nootka - La ley del Talión
https://www.youtube.com/watch?v=X5p1pDbkKUUDibujo. (España es un contenedor de basura en el que un joven busca sustento) |
Cartas
de lectores:
He
visto esta viñeta en la red y la mando. Me ha puesto los pelos como
escarpias, porque resume muy bien la situación actual de millones de
personas en España: “Busco en la basura solución”, como
cantaban los fallecidos Eskorbuto. I.
No hay comentarios:
Publicar un comentario