martes, 27 de julio de 2010

Hoja 25 Xulio en Galiza

PAREMOS A REPRESION!!

Cando o goberno fascista español os pregoeiros do capital acobillan con louvanzas e agasallos a uns delincuentes nomeados presos políticos liberados en Cuba por mor da presión dunha banda de reaccionarios entre os que está a lgrexa, as mulleres de branco e outros ultras de semellante pelaxe apoiados polo imperialismo, os comunistas, anarquistas, nacionalistas e antifascistas en xeral encarcerados nas cadeas da monarquia borbónica seguen sometidos a medidas da máis infame represión sen que a ningún destes libertadores (les pase polo monín erguer o pé do pedal deste exterminio programado.
Son terroristas. din. Califican así aos nosos familiares, amigos, camaradas presos. Claro: coma os campesiños presos e torturados en Guantánamo (a carón dos pobriños fascistas e delincuentes acollidos por España), coma os patriotas iraquís masacrados en Abu Graib, como todo aquel que se suma a resistencia contra os abusos do capital, sena coa palabra ou coa acción. Nos somos terroristas; os nazis actuais que están a convertir o mundo nun campo de concentración son libertadores. O mundo ao revés.

Nos cárceres españois hai presos politicos enfermos graves aos que se lles nega asistencia médica, como exemplo: o recente falecemento do comunista, militante do P.C.E.(r), Enrique Álvarez Abalde despois de 9 anos na cadea, os seus camaradas tiveron que poñerse en folga de fame para que o puxeran en liberdade pola súa grave enfermedade; son cada vez máis os que teñen a condena cumprida e seguen encarcerados en contra de principios legais recoñecidos en todo o mundo: XAIME SIMÓN QUINTELA 25 ANOS NA CADEA, SUSO CELA SEOANE 20 ANOS NA CADEA, OLGA OLIVEIRA ALONSO 20 ANOS NA CADEA; hai un bo numéro condenados por militar nun partido comunista, ou en partidos da esquerda abertzale, sen que poidan acusalos de accións armadas, e outros por mostrar a súa solidariedade cos anteriores.
A política represora nas cadeas inclúe o máximo illamento dos presos e presas, de tal maneira que proiben as comunicacións cos seres queridos tanto por locutorios corno telefónicas e postais.
Pero isto é só unha parte do cadro. A represión política manifiéstase tamén na Lei de Partidos, pola que ilegalizaron xa varios partidos vascos e ao PCE(r). A represión social, na derradeira Reforma Laboral, pola que os traballadores veremos reducidos os salarios, seremos despedidos sen indemnización, aumentada a idade de xubilación, anuladas as poucas ventaxas que poideramos ganar nos convenios colectivos, etc. A represión xudicial no aumento de sentencias contra os traballadores ou na dictada polo tribunal constitucional contra o Estatuí catalan, que fixo saír á rúa a millón e medio de irados cidadáns en Barcelona; etc.
Todo isto é o que ten para nós o Estado mal chamado democrático, a monarquía herdeira de Franco, mentres os bangueiros aumentan os seus superbeneficios, despois da inxección de centos de millóns de euros que agora pagamos e pagaremos os traballadores.

Diante deste panorama, só podernos dicir, BASTA! Unamos forzas para defender os nosos lexitimos dereitos democráticos. O dereito das nacións catalana, vasca e galega a exercer a autodeterminación e a independencia se esa é a súa escolla; o dereito dos traballadores a unhas condicións laborais dignas; para esixir a retirada das forzas asasinas imperialistas de Agfanistan, Haití, Libano, o Iraque...; os dereitos dos presos e presas políticas, dende a reunificación en colectivos ata a amnistía.

POLA AUTODETERMINACIÓN DOS POBOS ASOBALLADOS!!
POLA AMNISTÍA TOTAL!!
POLA REPÚBLICA POPULAR E0 SOCIALISMO!!
Comités por un Socorro Roxo Internacional

No hay comentarios: