lunes, 5 de octubre de 2015

Tomando una taza con Arenas...

Taza. "Libertad presos políticos".
Tazas de solidaridad

Edición de 13 tazas con dibujos de Manuel Pérez Martínez o símbolos populares.
Foto. Muestra de 7 de las tazas.
Los modelos editados son:

-Dibujo de M.P.M. Mujer negra con el puño alzado.
-Dibujo de M.P.M. Brigadista saluda con el puño en la sien.
-Dibujo M.P.M. Una mano saca el bolsillo del revés, vacío.
-Dibujo M.P.M. Minero protestando con el barreno alzado.
-Dibujo M.P.M. Niño sonriendo feliz.
-Dibujo M.P.M. Mujer pone la mano abierta ante sí, en la que pone “Basta”.
-Dibujo M.P.M. Mujer con megáfono. Y la consigna Grebara! (A la huelga)
-Dibujo histórico de Lenin barriendo con una escoba a los capitalistas del mundo.
-Dibujo. Los peones de ajedrez con hoces y guadañas dan “Jaque Mate” al rey.
-En forma redonda, dibujo de dos presos tras barrotes y con los puños alzados. “Libertad para los presos políticos” con las banderas populares rodeándolos.
-Anagrama del S.R.I
-Anagrama comunista
-Bandera Republicana Popular. Bordea toda la taza.
Taza. "SRI". (su logotipo)
Los dibujos vienen impresos en tazas de 9 cm de alto por 8 de circunferencia.
Taza. Dibujo de M.P.M. "Grebara!".
Todos los domingos del año en el rastro político de Tirso de Molina, Madrid. 7 €.
Foto. Muestra de 6 de las tazas.
Taza. Dibujo de M.P.M. (Brigadista saludando)

Postal. "27 septiembre". (un puño sale de los barrotes)
Texto leído el 27 setembro Comités SRI Galiza

Amigos-as e compañeiros-as: O 27 de setembro é o día “DO LOITADOR CAIDO”. Isto significa que lle rendimos homenaxe a todos os loitadores que entregaron a súa vida, ou quitáronlla, como antifascistas, nacionalistas, comunistas, anarquistas, e demócratas consecuentes.

Esta data do ano 1975, cando foron asasinados POLA BESTIA FASCISTA: HUMBERTO BAENA, SANCHEZ BRAVO, GARCIA SANZ, PAREDES MANOT “TXIKI” E ANGEL OTAEGUI, está unida ao 1º de outubro a través da figura de ABELARDO COLLAZO quen, xunto cun grupo de homes e mulleres da resistencia, deulle unha resposta armada ao asasinato dos cinco antifascistas. Era a parte máis airada do clamor de protesta que os pobos do estado español e do mundo levantaban contra aqueles crimes do verdugo Franco.

È verdade, nós reclamamos a valentía de todos os loitadores e loitadoras que se atreveron a loitar e que son culpables do delicto de pelexar polas liberdades dos pobos. Para toda persoa honesta é unha honra defenderlles. E todos os métodos de loita son lexítimos se non deixan outra opción. O dereito á resistencia é universal é inalienable.
Coestas breves palabras, gustaríanos manifestar a nosa opinión describindo a esencia destes 40 anos: a súa democracia foi unha farsa que lles deu a razón aos presos e presas politicos. Hai que rendirse á evidencia.
E nesta realidade, hai que recoñecerlles (aos democratas de toda a vida) que na falsedade avanzaron moito, e decir, o eufemismo elevárono ao cubo e xa é burla negra. Para que vexades que non é ningunha esaxeración, compañeiros e compañeiras, aí temos o máis recente das loitas dos gandeiros e da sanidade que temos tan presentes na nosa terra.
É que os gandeiros que saíron por miles a rúa a loitar sairon equivocados ? Porque segundo as autoridades non hai culpables de que o prezo de miseria a que son sometidos os leve á ruina e á depauperizacion. Entón, cómo é que desapareceron nestes últimos anos miles de produtores?
Xa non existe a explotacion nin o monopolismo, nin obreiros nin loitadores nin campesiños depauperados. Non. Agora a culpa é de todos e todas, xa non hai explotadores nin explotados, iso sí, a riqueza é cada vez maior para uns cantos; os demáis temos que dicir que chove mentres a realidade nos dice que mexan por riba de nós. Diante disto, tragamos coestas rodas de muiño, ou somos honestos e pelexamos contra a inxustiza?
E que dicir da sanidade? Como sabedes, as asembleas de traballadores e traballadoras do hospital alvaro cunqueiro acaban de proclamar o boicot e a desobediencia civil non só negándose a pagar o aparcadoiro, senón tamén contra todos os servizos privatizados. Non lles deixaron outra opción. Só a loita más decidida e consecuente.
E dende aquí, hai que saludar a súa iniciativa. E apoialos con todos os medios a noso alcance. Ou iso o trgar coas súas medidas expoliadoras. E que queren facernos parvos? Pois non. Non somos parvos e non tragamos.
E os chamamos polo seu nome: fascistas de novo cuño. Por qué, entón, calamos? Porque se nón aplícanche a represión, isto é, no momento en que dis: NON!!, non trago, es unha persoa antisocial, antidemócrata, e violentas a sacrosanta propiedade privada dos medios de produción.

A verba NON é a que manteñen nestes 40 anos os presos politicos, por iso son illados e sometidos a condenas de moitos anos, como é no caso de manuel arango riego, un comunista que ten enfermidades graves e incurables e non o poñen en liberdade; ou de Manuel pérez martínez, que ten cataratas e estamos pendentes de que o operen dende hai anos, ten doencias graves de hipertensión, xunto a súa idade de máis de 70 anos, e é o único secretario xeral dun partido comunista preso en Europa. Arantza Díaz villar, comunista, operada de cancro de colon, néganse a facerlle as probas para saber os resultados da súa grave enfermidade e non a poñen en liberdade cando ten prácticamente cumprida a condena, e a pesar do perigo que corre a súa vida estando na cadea.
Así tratan de levar ao exterminio a todos os presos e presas políticos antifascistas, independentistas, anarquistas, en todo o estado español. Exactamente o mesmo que fan con nós, por exemplo, ao privatizar a sanidade, ou negarnos o dereito ao traballo.

Ben, compañeiros e compañeiras, A memoria histórica é terxiversada tratando de borrar a dignidade esencial dos loitadores pola liberdade frente a todos estes canallas “demócratas” que tragan co réxime da monarquía imposta por Franco. Unha institución monárquica, por certo, esencialmente militar. Isto é, son os militares os que mandan neste país, por se algún aínda está despistado.
Nós consideramos que nas homenaxes a todos os loitadores e loitadoras temos que falar da actualidade, a de hoxe, por iso decimos memoria eterna aos caídos pola causa da liberdade dos pobos traballadores, isto é, non metemos a burguesía nin aos reacionarios.
Queremos facer mención especial pola súa rabeosa actualidade ao esterminio do pobo de Siria que non só é destruido pola suposta oposicion do Estado Islamico senón que ademais fan responsable aos seus mandatarios do desastre, é dicir, que Siria leva decenas de anos progresando en paz e agora unha suposta oposicion armada ata os dentes e apoiada polos imperialistas está levando ao país á destrución. É a politica de chamar antes de que te chamen: os culpables son os Sirios que non controlan o caos que montaron..., ou montáronllo?
...tamén de LIBIA, IRAK, UCRAINA, PALESTINA, DE AFRICA E AMERICA LATINA…DE TODOS OS POBOS DO MUNDO.

O capitalismo, no seu afan imperialista, réxese pola lei da maxima ganancia e, como ben dice nous seus versos o poeta MAIAKOVSKI: Enriquecéndose, papando e durmindo, o capitalismo inchou, púxose obeso. E obeso deitou no camiño da historia, no mundo, coma na súa propia cama. Non é posible canealo nin pasalo de longo, o único remedio, é voalo!! Se queremos realmente manter viva a memoria histórica, a loita de todos estes anos temos que loitar pola saída da OTAN e da UNION EUROPEA, contra a represion e as leis represivas, pola amnistia e os dereitos politicos, económicos e sociais e as liberdades politicas e sindicais plenas e polo dereito a autodeterminación dos pobos de Catalunya, Euskal Herria e Galiza; só o conquerimento destas reivindicacions democráticas representaría un paso importante no camiño cara a República Popular e o socialismo.

O SRI davos as grazas e saudos solidarios neste 40 cabodano tan significativo para todos e todas.
Compañeiros-as, amigos-as, manteñamos en alto a bandeira da resistencia na honra dos loitadores e loitadoras.

GLORIA E MEMORIA ETERNA AOS CAIDOS!!
VIVA O COMUNISMO!!!

No hay comentarios: