viernes, 25 de enero de 2008

COMUNICADO: El PCPG contra la represión al SRI en Galiza


El Comité Nacional del Partido Comunista do Povo Galego (PCPG) se manifiesta en contra de la represión a los compañeros del SRI detenidos en Galiza

Contra la represión, lucha popular


Na pasada madrugada os compañeiros do SRI Luís Fernández “Che”, de Vigo e Carlos Cela de Coruña foron detidos pola Garda Civil.
Coa máis absoluta brutalidade e cinismo acúsanos de presuntas actividades de cobertura “terrorista”.


Os comunistas do PCPG que coñecemos a longa traxectoria de loita a prol dos intereses populares e do povo traballador destes compañeiros rexeitamos con toda firmeza o que non é máis que unha operación de represión de longo alcance que o estado imperialista e borbónico español desenvolve especialmente contra a esquerda revolucionaria e os comunistas que son quen de o custionar, contra os que non recúan e se enfrontan valerosamente, todos os dias e en todas as frontes e movementos populares polos dereitos do povo traballador. Os comunistas do PCPG temos claro que, por enrriba das diverxencias tácticas que poidamos ter, estes compañeiros non son terroristas senón militantes da vangarda anticapitalista, antifeixista e loitadores consecuentes contra a explotación capitalista, contra a oligarquía e o imperialismo español que asoballa todos os dereitos dos povos.


Igualmente, nestes tempos en que os aparatos xudiciais, represivos e mediáticos están impulsar unha ofensiva fascistoide contra toda disidencia democrática e anticapitalista por se enfrontaren a tantas agresións contra a nosa terra (do que é mostra a criminalización dos nosos mozos antifascistas e independentistas por se ergueren contra a monarquía borbónica e os seus símbolos), expresamos a nosa condena máis enérxica chamando a expresar a solidariedade máis incondicional con todos os que sofren detención e mesmo o maltrato, no cárcere ou fora dela, por defenderen liberdades e dereitos irrenunciabeis sociais e nacionais.


Manifestémonos en solidariedade e apoio aos detidos e represaliados!


Paremos esta loucura!


CONTRA O FASCISMO, O IMPERIALISMO E A REPRESIÓN


TOD@S À RUA!


Comité Nacional do PCPG.

No hay comentarios: