sábado, 3 de enero de 2015

El trabajo del SRI Vigo el año pasado.

Postal del SRI Vigo a presxs y solidarixs. (Dibujo Amnistía presos políticos Israel Torralba). Anverso.
+ Postal del SRI Vigo +

ACTIVIDADES SRI VIGO año 2014

El SRI ha llevado a cabo las siguientes actividades:

* Despois das liberdades, a finais do 2013 pola derrogación da lei “Parot”, centrámonos na campaña dos presos-as enfermos graves, facendo nos primeiros meses do presente ano diversa axitación. En plena campaña de denuncia chéganos a nova da morte de ISABEL Aparicio, precisamente por falla de atención médica.
* No mes de abril e maio relanzamos con máis forza a campaña pola liberdade dos presos-as enfermos máis graves. A denuncia do asasinato de Isabel tivo unha repercusión a nivel de todo o Estado e internacional sen precedentes na historia do movemento pola amnistía en canto á amplitude do espallamento da noticia. Así mesmo, a campaña pola liberdade de ARENAS e a esixencia de que o operen das cataratas, acada niveis moi amplos entre miles de persoas e colectivos moi diversos.
Para estas campañas fanse pegatinas, cartazes, pintadas, oitavelas, comunicados, utilízanse redes de internet, páxinas web, blogs, organízanse manifestacións, concentracións, accións de diverso tipo, o RAP coas cancións que compoñen “os poetas revolucionarios do seculo XXI”...etc.
* O primeiro de maio, repartimos 2000 follas (nas que se fala dos enfermos, da represión, a explotación e polos dereitos democráticos), centos de pegatas, e coa pancarta das fotos con todos-as os presos políticos no extratéxico cruce de Colón, fomos o altavoz dos que están amordazados tras as reixas. O material era solicitado por numerosos mozos e traballadores.
* Xa no mes de Xuño, salta a nova do procesamento de Pepita para que non fale e reprimir a solidariedade desta nai de presos políticos e loitadora dende hai moitos anos; é un símbolo de dignidade que a “democracia” quere criminalizar. O que ela significa amosouse na práctica con todo un movemento de solidariedade na súa Coruña, con manifestacións e concentracións de apoio, igual que noutras partes de Galiza e no resto do Estado.
* O 25 de xullo. día da patria, coma todos os anos estivemos alí para darlle voz aos presos políticos. Pola mañá, puxemos a mesa dos presos-as, e a pancarta coas fotos de todos eles, sendo un referente da atención por parte de centos de persoas. Repartimos 1500 follas, onde manifestabamos a situación dos presos enfermos asi como a loita polos dereitos nacionais. Tamén se repartiron centos de pegatas, saíndo en manifestación coa pancarta e coas consignas de AMNISTÍA TOTAL, AUTODETERMINACIÓN, CONTRA A REPRESIÓN E POLOS DEREITOS DEMOCRÁTICOS.

Postal del SRI Vigo a presxs y solidarixs. Reverso. Poesía de Celso Emilio Ferreiro. "Hermanos".
* Xa en agosto, estivemos en san roque. Este ano, demos un viraxe que foi audaz dende o punto de vista de traballo e eficacia. Falamos do polbo: decidimos darllo a un pulpeiro profesional que se puxo no camiño por onde pasa moita xente e foi unha atración que nos deu movemento no posto. Por outra banda, a harmonía e compañeirismo fixo que levaramos moi ben o traballo. San roque, non nos cansaremos de decilo, significa moito para a solidariedade cos presos-as: non só dende o punto de vista económico, que é o fundamental, senón tamén dende o punto de vista da solidaridade do Vigo traballador a través do BAR “OS QUE FALTAN”.
* En setembro, un ano máis, estivemos no cabodano dos fusilamentos do 27 de setembro; onde o SRI de Vigo, coa súa presencia dálle un carácter de resistencia e de non comungar coas rodas de muiño da democracia. Xa somos un referente en lembrar o que significa o 27 vencellándoo ao “Primero de Octubre”, e aos presos antifascistas e comunistas, así como a figura de ABELARDO COLLAZO
* Xa no outono, seguimos coa campaña dos presos enfermos e coa demanda concreta de que operen das cataratas a ARENAS pois está en perigo de quedar cego. Mandamos tarxetas á prisión, xunto a todas as demais actividades, chegándonos a nova de que fora levado ao hospital e visto polos médicos. Ata a data de hoxe, non recibimos novas de que o operasen, estamos á espera.
Sae en liberdade ASKATU, Enrique Cuadra. O preso político con 19 anos de cadea e o último a quen lle aplican a lei “parot” entre os presos-as antifascistas e comunistas. É recibido na súa vila por decenas de xóvenes.
Na liberdade de Askatu, hai un aspecto que queremos suliñar porque é chamativo: o silencio do Estado. Cómo se explica que non apareza nin a máis minima nova en ningún medio, cando o tiñan a “tiro” por ser quen é, e con toda a carnaza que fixeron en todos estes anos co tan traído e levado “caso Cordón”, e chega a súa liberdade e non dicen nin ren? Por que tando desleixo, se o Estado leva unha represión e intoxicación abafantes contra eles? Nós si temos unha resposta: non poden aturar que ASKATU, preso político, saia coa dignidade e a forza moral dun comunista; isto, xunto coas campañas de denuncia do asasinato de Isabel, dos enfermos graves e a situación de crise sen precedentes dos valores da súa democracia, fai que o Estado silencie a nova por medo a favorecer a resistencia.
* A finais do mes de novembro, asistimos á mani en Compostela polos dereitos que foron arrebatados aos traballadores como é o traballo, teito e dignidade. Repartimos 1000 follas nas que salientabamos que os presos-as recollen no seu programa democrático de hai perto de 40 anos estas e outras reivindicacións. Tamén denunciabamos a represión e a explotación do capitalismo, chamando á loita pola AMNISTIA E A REPUBLICA POPULAR.
* Agora en decembro, coma nos meses anteriores, fixemos varias pegadas de cartazes coas fotos dos enfermos e as súas doenzas, polos barrios obreiros de Vigo; tamén de pegatinas. Así mesmo, a denuncia dos presos maiores de 60 anos, que son condenados a cadea perpetua encuberta, isto é, que coa idade que teñen xunto as decenas de anos condenados a prisión, rematarían morrendo no cárcere. Tamén estivemos na mani pola sanidade pública, onde na mesma liña que na de Compostela, denunciabamos con datos a privatización da sanidade ao igual que os demáis dereitos arrebatados aos traballadores. Xa a finais, faremos a cea de todos os anos, solidaria cos presos políticos

Queridos solidarios-as, estas son as actividades que levamos a cabo neste ano, non son todas, pero sí o fundamental da labor do SRI en vigo. Cos nosos acertos e os nosos erros, si, pero subidos ao “andamio” da loita solidaria! E animamos a todos aqueles e aquelas que vexan a necesidade desta loita a que se sumen a esta tarefa.
Cos nosos mellores saudos de solidariedade para todos e todas no ano 2015.
Carteles sobre Arenas. "Non permitamos que Aremas figue cego no cárcere!".
Loitamos pola:
 
*Amnistía Total para todos os presos-as políticos.
*Pola República Popular.
*Dereito de autodeterminación e independencia para as nacións asoballadas.
*Derrogación de todas as leis fascistas y antiobreiras.
*Verdadeira Memoria Histórica revolucionaria.
*Boicot activo e político aos que autoconsiderándose"demócratas” reprimen a democracia popular eo seus logros na loita.

No hay comentarios: