domingo, 6 de enero de 2013

LIBRO Tortura en E.H. // HOJA INFORMATIVA SRI VIGO.

LIBRO la TORTURA en EUSKAL HERRIA

928 páginas + cd base de datos
Diciembre 2012.
Fundación Euskal Memoria


FOLLA INFORMATIVA, SRI ANO 2013

Neste ano que remata, a solidariedade cos presos e presas políticas dos comités por un SRI en Vigo centrouse nas seguintes actividades:

Denuncias sistemáticas da represión nas cadeas, principalmente contra o illamento, malleiras, medidas de sometemento para facer claudicar ao preso-a político como foi aplicado a Aurora Cayetano Navarro recentemente no cárcere de Villena, Alicante; as enfermidades, xa moi serias despois de 20 anos de illamento, a comida de moi baixa calidade, etc. Algúns dos presos enfermos máis graves: Gorka cun ataque o corazón, cancro de próstata de Askatu, agudizándose a enfermidade de María José Baños Andújar que precisa trasplante de fígado ou tratamento de 30000 euros polas condicións sanitarias nada axeitadas. De aí que loitemos especialmente polas súas liberdades.

Na mani do 1º de maio en Vigo, colocámonos coa pancarta das fotos dos presos-as no cruce de Colón de xeito que foi vista por todos os manifestantes, tendo un éxito importante. Tamén repartimos follas e pegatas.

25 de xullo en Compostela: a pancarta coas fotos dos presos-as e a mesa dos traballos feitos por eles e ellas nos cárceres, sendo un referente para milleiros de persoas.

Difusión e espallamento nas manis e actos de solidariedade do “testamento” escrito polo preso Askatu co título: “Por coherencia e dignidade. Sr Ministro.” Ademais de publicalo a Web dos presos, saiu na páxina de “La haine” entre outros medios de difusión, tendo unha repercusión importante.

Xa no mes de setembro, o xuízo de M.P.M. Arenas, xunto a Vitoria Gómez Méndez. A Web dos presos-as xunto con colectivos solidarios, fixeron da farsa do xuízo un acto de solidariedade, coa presencia de máis de 30 mozos e mozas na sala da Audiencia Nazional. Un salto cualitativo e significativo que a presidenta do tribunal rexeitou con ameazas verbais e acenos conminatorios de dexaloxar se amosabamos calquera sinal de agarimo aos compañeiros-as e poñéndoos de costas a nós e con escolta de dous policías. Entre o público, unha cantidade de policías coma nunca antes houbera vixiándonos.

No mes de outubro (o día 6, sábado) a solidariedade concrétase no concerto-charla pola amnistía en Madrid. Colectivos de mocidade solidaria e artistas, a vangarda mais consciente e perspicaz, rachan o silencio en canto a dignidade e consecuencia na loita dos presos-as políticos nesta época de falsa “democracia”. Foron decenas de mozos que escoitaron ao expreso Balmón e ao avogado Juanma mais de dúas horas, sobre cuestións do Movemento de resistencia actual, do PCE(r), dos sindicatos traidores, de Arenas, dos presos-as, etc. As gorxas de toda esta xente moza berrando as consignas de ARENAS LIBERDADE!! AMNISTIA TOTAL!! e cantando a Internacional. Que sí, que valeu a pena. Venderon 400 entradas no concerto.

Coa “folga xeral” situámonos na Gran Via antes das Travesas coa pancarta das fotos dos presos-as e repartimos 1000 follas sobre o que significan os presos-as e a loita pola súa liberdade aquí na “democracia”. Tamén a pegata de Arenas. A pancarta tivo un impacto importante parándose a xente (miles de persoas) a vela e sendo comentada por todo dios. Escoitamos como un pai traballador respondeulle ao fillo que preguntaba: “están na cadea por pensar diferente”. A crise é unha boa escola para tomar conciencia.
No mes de novembro, na cadea de Morón, Sevilla, danlle unha malleira ao preso político Marcos Ponce. Catro carcereiros mallan nel por defender que o tratasen con respecto, pois un deses verdugos insultouno e non lle deixou pasar ao patio unha carpeta con libros e bocadillo, despois de 4 anos facéndoo. Como non tragou, foi sometido violentamente. Declarouse en folga de fame e respondéronlle coa solidariedade os seus camaradas das cadeas de Puerto III, Badajoz, Algeciras, e A Lama. Foi trasladado a Puerto III. Un avogado de Andalucía está a levar a denuncia. Despois dun mes, ten bultos na cabeza e estano a tratar médicamente e a facerlle radiografías.

Xa neste mes do nadal, a cea solidaria de todos os anos cos presos-as e envío de tarxetas a todas as cadeas. O calendario do 2013 para difundilo a todo o mundo. Bo ano de resistencia.

RACHA O ILLAMENTO!! ESCRÍBELLE AOS PRESOS-AS POLÍTICOS!!

(( 2 Postales por navidad desde las cárceles ))

No hay comentarios: